Prado sairá terceiro no Gran Premio de Europa

O piloto lucense mantivo o liderado ata a última volta da manga de clasificación

Jorge Prado, en el cicuito de  Valkenswaard.RAY ARCHER
photo_camera Jorge Prado, no cicuito de Valkenswaard.RAY ARCHER

Jorge Prado logrou a terceira praza na manga clasificatoria do Gran Premio de Europa que se disputa en Valkenswaard (Holanda). O primeiro clasificado foi Thomas Covington, e o segundo Paul Jonas, actual campión do mundo na categoría de MX2 e líder no xeneral tras a proba de Arxentina que deu inicio ao Mundial.

O lucense saíu en primeira posición e mantivo o liderado ata a última volta, cando ao entrar nunha curva sufriu unha pequena caída que permitiu a Covington e Jonass superalo.

O domingo disputaranse as dúas mangas do Gran Premio de Europa, e Jorge Prado sairá en ambas na terceira praza da grella, desde onde buscará o Holeshot e o seu primeiro podium desta tempada.

Durante a entrevista previa á manga clasificatoria, o piloto do equipo Red Bull KTM Factory asegurou estar nun bo momento de forma e engadiu que o seu obxectivo, ademais de intentar subir ao pódium, é finalizar o maior número posible de carreiras no Top 5 para así sumar puntos no xeneral e ter opcións á vitoria final.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios