Prado lidera a manga clasificatoria do Gran Premio de Latvia

O piloto lucense imponse con claridade

Jorge Prado, compitiendo. EP
photo_camera Jorge Prado, competindo. EP

Jorge Prado impúxose con claridade na manga clasificatoria disputada este sábado no circuíto de Kegums, no Gran Premio de Latvia.

A segunda praza foi para o danés Thomas Kjer Olsen, que entrou en meta a algo máis de seis segundos do lucense.

A terceira praza ocupouna Ben Watson, a quen seguiron Jacobi e Boisrame.

Esta é a quinta clasificatoria que gaña o piloto do Red Bull KTM Factory Racing, quen venceu nos sete grandes premios que disputou esta tempada.

Prado intentará este domingo sumar unha nova vitoria nas dúas mangas de carreira, o que lle permitiría acrecentar a vantaxe de 20 puntos que o distancia de Olsen na cladificación xeral do Mundial.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios