martes. 18.01.2022 |
El tiempo
martes. 18.01.2022
El tiempo

O posible Erte no Lugo afectaría a todos "os empregados"

Tino Saqués. EP
Tino Saqués. EP
Saqués non descarta esta posibilidade porque "a situación económica é complicada"

O presidente do CD Lugo, Tino Saqués, recoñeceu que "a situación a nivel económico é moi complicada" e non descarta un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte) no Lugo que sería para "todos os empregados", futbolistas incluídos, no caso de que a inactividade se prolongue.

O dirixente lucense explicou nunha entrevista coa Televisión de Galicia que "se a competición non se renovase habería unha suma importante de diñeiro correspondente dos dereitos de televisión que non se cobraría".

Saqués comentou que se está traballando na procura de solucións viables para afrontar a diminución de ingresos debido ao Covid-19 e precisou que no caso de facer un "Erte tería que ser para todos os empregados do club porque ninguén pode mirar para outro lado nunha situación como esta de forza maior".

No entanto, mandou unha mensaxe de tranquilidade e dixo que van "darlle viabilidade ao club" e continuar na categoría de prata.

O posible Erte no Lugo afectaría a todos "os empregados"
comentarios