O Lemos rememora vellos tempos

Antigos xogadores, técnicos e directivos do Lemos, entre os que estará o 'gunner' Francis, conmemoran este sábado o histórico curso 2001-02
Francis Cagigao. AEP
photo_camera Francis Cagigao. AEP

O restaurante Manuel Bistró, de Monforte, será este sábado o escenario dunha cea na que exjugadores, técnicos e directivos do Lemos recordarán a tempada 2001-2002, cando o conxunto monfortino disputou a fase de ascenso a Segunda B. Aquela foi unha das mellores campañas da historia do club lemista –no Grupo I da Terceira División galega–, que viviu a comezos do presente século a súa última etapa dourada. 

Fíxoo da man de Francis Cagigao, que ocupaba o posto de adestrador aquel curso e que esta noite será un dos comensais. O expreparador do Lemos é, actualmente, o membro máis lonxevo da secretaría técnica do Arsenal, tras a marcha de Arsene Wenger hai dúas tempadas. O técnico francés deixou a súa longa época á fronte dos gunners –vinte e dúas tempadas, desde 1996 e 2018, e 1.200 partidos–, unha dirección técnica dirixida agora por Unai Emery. Cos dous, con Wenger e con Emery, continúa o monfortino Francis Cagigao, o técnico máis antigo que queda no equipo londiniense. 

"Estamos a falar, sen dúbida, do mellor Lemos da época moderna. Era un equipo moi competitivo e capaz de xogar de diferentes formas", subliña Francis. 

O extécnico do Lemos indica que o conxunto que el dirixía desde o banco da Pinguela era similar, salvando as distancias, ao actual Atlético de Madrid. "Tratábase dun grupo unido, comprometido e traballador que, ademais, sacaba moito proveito das accións a balón parado", di o técnico monfortino, quen traballa no Arsenal xunto aos seus superiores, o español Raúl Sanllehí (director xeral) e o brasileiro Edu Gaspar (director deportivo). 

Son numerosas as anécdotas de Francis no Arsenal, e recorda a algúns dos xogadores a quen chegou ata o Emirates: Lauren, Gilberto Silva, José Antonio Reyes, Cesc Fábregas ou Van Persie. Lenda viva a do monfortino.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios