O pontés Miguel Alvariño logra o bronce na Copa do Mundo en Gwangju

Impúxose ao neerlandés Rick Van de Ven na loita polo terceiro posto
Miguel Alvariño. EP
photo_camera Miguel Alvariño. EP

O porteiro pontés Miguel Alvariño conseguiu a medalla de bronce na modalidade de recurvo na segunda proba da Copa do Mundo que se celebra na cidade surcoreana de Gwangju.

Miguel Alvariño venceu ao local Je Deok Kim por 6-4 no cruzamento de cuartos de final (30-29, 27-30, 29-28, 29-30 e 29-28), perdendo en semifinais co tamén xogador surcoreano Woo Seok Le por 3-7 (28-27, 25-27, 28-30, 29-29, 27-30).

Na loita polo bronce, Miguel Alvariño venceu por 6-2 ao neerlandés Rick Van der Ven (29-28, 29-27, 26-27, 29-25), conseguindo a segunda medalla para a selección española tras a de prata conseguida onte por Andrea Muñoz en composto, para completar unha actuación realmente boa da representación española e unha demostración máis das calidades dun Miguel Alvariño xa pegado aos grandes podios.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios