Peybernes di que a proba de Covid-19 é "un pouco molesta", pero necesaria

O francés someteuse este martes ao test PCR, como o resto de compañeiros
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Peybernes conduce o balón durante un partido. XESÙS PONTE

O defensa do CD Lugo Mathieu Peybernes recoñeceu este martes que se lle fixo longo o confinamento e que ten "moitas ganas" de volver adestrarse no Ángel Carro, aínda que sexa de xeito individualizado, tras pasar o test da Covid-19, que considerou un pouco "molesto", pero necesario.

O Lugo someteuse ao test PCR, que inclúe a extracción de sangue, unha mostra da boca e outra do nariz.

Peybernes explicou, en declaracións que facilitou o club, que a proba do coronavirus que pasaron "é un pouco molesta", pero é algo que hai que "facer para volver empezar canto antes".

Temos moitas ganas de empezar, de ir ao campo, de tocar o balón

Ademais, os xogadores someteranse a outras probas médicas previas á volta ao traballo co obxectivo de coñecer o seu estado de saúde logo de case dous meses sen fútbol.

"Temos moitas ganas de empezar, de ir ao campo, de tocar o balón, de estar cos compañeiros e todo, pero aos poucos. Dous meses en casa é moito e temos que buscar unha forma de adestrar máis ou menos normal. Creo que é moi importante para nós", sinalou o defensa.

O secretario técnico do Lugo, Manolo Mandiá, que tamén pasou o test ao estar en contacto cos xogadores, do mesmo xeito que outros empregados do club, indicou que a proba é "un pouco molesta pero, dentro do que cabe, sinxela e rápida".

A responsable da área deportiva do club galego sinalou que o "xoves poida que xa estean os resultados" e, nese caso, o venres empezarían os adestramentos "en grupos de seis" e con traballo individualizado. 
 

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios