Plantilla e club establecen conversacións sobre a situación económica do Lugo

Curro Torres falou sobre a posibilidade de que se recorra a un Erte para aliviar a carga salarial
Curro Torres durante un entrenamiento. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Curro Torres durante un adestramento. VICTORIA RODRÍGUEZ

A primeira plantilla do Lugo e o club comezaron a establecer conversacións para tratar de resolver o problema económico que se presenta ante a inactividade polo confinamento pola crise do coronavirus, tal e como revelou o técnico Curro Torres.

"Hai conversacións para falar de cousas, pero hai que entender a todas as partes", dixo Torres tras ser preguntado pola posibilidade de que o Lugo recorra a un Erte para aliviar a carga salarial. "Non é unha situación cómoda para ninguén. Cando haxa algunha cousa poderase dar información", engadiu.

Sobre a posibilidade dunha baixada de soldo ou dunha doazón para axudar na loita contra a pandemia do Covd-19, Curro Torres dixo : "É un tema que a plantilla está a falar co club. Nós tamén falamos co club nese sentido. Estamos a expensas do que poida ir sucedendo nos próximos días e a partir de aí veremos o que facemos, pero creo que este es o momento de arrimar o ombreiro na medida do que se poida facer cada un".

O técnico tamén falou sobre a opción de prolongar os contratos se se xoga máis aló do 30 de xuño. "Ese é outro dos problemas. Non só son os xogadores os que acaban contrato, senón tamén o corpo técnico. Hai que esperar a ver como contemplan os diferentes escenarios e, a partir de aí, cada un terá que valorar para poder adaptarse e axudar en todo o que se poida. Estou en contacto co presidente, que está informado absolutamente de todo e, a partir de aí, veremos como se vai desenvolvendo", declarou Torres, que non descarta seguir en Lugo a próxima tempada. "Estou moi feliz aquí", asegurou.

Comentarios