Tito Díaz: "Norel non está para xogar ao ritmo da Liga ACB"

O adestrador do Breogán definiu ao Joventut como "o equipo revelación"

Tito Díaz habla con Ray McCallum J. VÁZQUEZ
photo_camera Perico Díaz fala con Ray McCallum J. VÁZQUEZ

Tito Díaz comentou o estado físico do plantel do Breogán. "Christian Díaz e Alec Brown estarán ao cen logo dos problemas físicos do partido ante o Fuenlabrada. Norel segue o seu proceso. É un xogador que pasou por unha operación importante tras unha grave lesión. O outro día xogou un minuto e medio porque necesitabamos darlle descanso a Gerun, pero de momento ten que seguir o seu proceso, que vai lento. Non está para xogar ao ritmo que se esixe na ACB durante varios minutos seguidos. Imos ver como evoluciona, pero contamos menos con el", dixo.

O técnico lucense sinalou un dos problemas do Breogán. "Melloramos en moitos aspectos, pero necesitamos dar un paso adiante en defensa. Ante o Fuenlabrada tivemos dous tramos defensivos malos. Temos que eliminar as fochancas defensivas, podemos telos ofensivos, pero en defensa temos que ser máis regulares. Encaixamos 100 puntos en San Sebastián e 96 ante o Fuenlabrada. Con 96 puntos en contra non gañaremos en Badalona. Estamos a traballar nesta dirección. Sabemos que será complicado, porque o Joventut está moi acertado, así que necesitamos facer un esforzo mental e físico importante para que non desenvolvan o seu mellor baloncesto ", sinalou.

Tito Díaz asegurou que ve ben ao seu equipo. "Eu o martes tiña dúbidas tras a derrota ante o Fuenlabrada, pero vinos moi ben. O equipo quere saír desta situación, traballa cada día para iso e imos seguir esperando a nosa oportunidade, que tarde ou cedo chegará. Se cadra este sábado, se cadra o seguinte... non sabemos, pero estamos a nos preparar a lume de biqueira para que cando chegue o noso momento facelo moi longo".

"A todo o que tiña o Joventut sumou a McFadden"
Tito Díaz destacou o nivel do seu rival. "O Joventut é un equipo que o está facendo moi ben. Case me atrevería a dicir que é o equipo revelación da liga, por encima do que esperaba. Mantivo ao seu adestrador, Carles Durán, e a Laprovittola, un xogador que marca diferenzas, pero tamén ten outros bos xogadores, sobre todo Todorovic, que é un cinco que anota, pero que tamén pensa e é moi bo á hora de pasade o balón. é como Laprovittola; non só finalizan, senón que fan bos aos seus compañeiros", apuntou. 
"A todo o que tiñan sumaron a McFadden, que viña con problemas e dúbidas de Tenerife, e nos dous primeiros encontros promedia 14,5 puntos", engadiu.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios