O Pescados Rubén renova por unha tempada a Bea Mateos

É unha das futbolistas máis representativas do club, tanto dentro como fóra da pista, e gañouse o agarimo da afección do Vista Alegre

Bea Mateos. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Bea Mateos. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Os Pescados Rubén Burela FSF manterá á súa capitá, Bea Mateos, polo menos unha tempada máis, despois do acordo de renovación da salmantina co club laranxa.

É unha das futbolistas máis representativas do club, tanto dentro como fóra da pista, e gañouse o agarimo da afección do Vista Alegre polo seu xogo con intelixencia e garra durante as últimas 6 tempadas.

Aos seus 34 anos, Bea Mateos afrontará outra campaña coa máxima ilusión, sobre todo coa posibilidade de prepararse a fondo despois de recuperarse na anterior dunha grave lesión de xeonllo que lle impediu xogar na primeira volta.

A pesar de xogar só na segunda e aínda convalecente da súa recuperación, Bea foi moi importante no tramo final da liga e contribuíu de forma decisiva ao título da Copa Galicia e, sobre todo, da Copa da Raíña, tendo moitos minutos na fase final e no partido ante o Futsi, que decidiu o campión.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios