lunes. 19.10.2020 |
El tiempo
lunes. 19.10.2020
El tiempo

O Pescados Rubén Burela FS gaña ao Parrulo (2-4) e xogará a final da Copa Galicia

Un lance do encontro. EP
Un lance do encontro. EP

Os mariñáns xa venceran na ida (5-3)

Os Pescados Rubén Burela FS accedeu á final da Copa Galicia logo de pasar con solvencia a eliminatoria ante O Parrulo, ao gañarlle os dous partidos, 5-3 en Burela, e 2-4 este luns en Ferrol.

O cadro mariñán púxose con 0-2 de saída grazas aos tantos de Matamoros (m.2) e Quintela (m.6). Chis recortou distancias pouco despois para os ferroláns, pero no minuto 16 Pitero subía o 1-3 ao marcador.

David Pazos acabou no minuto 33 coas esperanzas do Parrulo no minuto 33 ao anotar o 1-4. A catro do final, Chesky fixo o 2-4 definitivo.

O triunfo servirá como unha inxección de ánimo de face ao esixente comezo da liga de Primeira División, o sábado, no pavillón Vista Alegre, ante o reforzado Jimbee Cartaxena.

O Pescados Rubén Burela FS gaña ao Parrulo (2-4) e xogará a final...
comentarios