O Pescados Rubén Burela anuncia a fichaxe de Diego Quintela

O arzuán convértese no sétimo xogador galego do persoal mariñán
b6d0a383-00df-4860-8f0c-9accd47ab1d8

A nómina de xogadores galegos crece no Pescados Rubén Burela FS coa flamante incorporación de Diego Quintela, un dos mellores xogadores que deu a comunidade nos últimos anos.

O arzúano incorporarase ao proxecto laranxa con 29 anos, procedente da Palma Futsal, onde xogou as tres últimas tempadas, logo de xogar na campaña 2016-17 no FC Barcelona e de formarse no Santiago Futsal, club que lle serviu para debutar na máxima categoría.

Quintela asina por dúas tempadas coa escuadra mariñá, segundo informou oficialmente o Pescados Rubén FS, aínda que este diario anunciara xa este reforzo hai semanas.

Coa presenza de Quintela son xa sete os xogadores galegos que teñen xa confirmada a súa presenza no persoal burelense, xunto a Edu, Loito, Álex Diz, Iago Míguez, Renato e Pitero, aínda que nos próximos días se oficiliazará tamén a chegada de David Pazos.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios