Paco Olmos será presentado como técnico do Breogán nas próximas horas

O club anunciará a chegada do adestrador valenciano entre este luns e o martes
Paco Olmos. EP
photo_camera Paco Olmos.

Tal e como se rumoreaba, Paco Olmos será o encargado de coller o temón do CB Breogán no seu regreso á elite do baloncesto español.  Segundo puido saber este diario, o club lucense presentará ao técnico valenciano entre o luns e o desta semana que arrinca.

Recentemente, o director xeral do Breogán, Perico Díaz, recoñecía o interese do club polo extécnico da Forza Rexia de Monterrey. "Paco Olmos demostrou que sabe sacar rendemento do que ten e coñece perfectamente ao noso equipo porque seguiu a LEB", declaraba a em <>O Progreso, engadindo que Josep María Berrocal era outro dos profesionais polos que o club tamén tiña interese.

Finalmente, será Olmos o que pilote a nova aventura do breoganismo tras unha dilatada experiencia que o levou polos bancos do Pamesa Valencia, o Melilla, Los Barrios ou do ViveMenorca, entre outros. 

Comentarios