Paco Olmos: "O equipo sabe cal é o seu sitio"

O técnico do Río Breogán sinala que o Zaragoza é "un equipo perigoso"
Paco Olmos, en una rueda de prensa. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Paco Olmos, en una rueda de prensa. VICTORIA RODRÍGUEZ

O adestrador do Río Breogán, Paco Olmos, mostrouse confiado na resposta do seu equipo no partido deste venres na pista do Zaragoza e advertiu do perigo do conxunto maño.

"Está claro que nunca gusta perder, pero vimos de dúas derrotas ante o Unicaja e o Real Madrid. O equipo está preparado e sabe cal é o seu sitio dentro da liga ACB".

Sobre o conxunto maño, Paco Olmos veo un conxunto perigoso e que chegará animado tras a súa vitoria na competición europea".

Trátase dun rival moi complicado, un equipo de perfil de play-off e que veñen dunha serie de derrotas ante equipos potentes, unha serie que rompeu en Europa e cunha vitoria que seguro que lles dará moral e confianza pola forma na que se produciu. é un equipo que sabe que o quere, que ten os roles claros e ao que é moi difícil defender. Será un partido complicado para nós".

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios