Paco Olmos: "Un 28-8 en tiros libres paréceme excesivo"

Tras o partido no Palau, o adestrador do Barça, Saraunas Jasikevicius, eloxiou ao Río Breogán: "A cada erro castigounos como un equipo de Euroliga"
Paco Olmos.XESÚS PONTE
photo_camera Paco Olmos.XESÚS PONTE

O adestrador do Río Breogán, Paco Olmos, asegurou ao termo do encontro ante o Barcelona o seu equipo podería "entrar un pouco mellor no partido" tras sufrir a primeira derrota nesta Liga Endesa ao perder por 78-69 ante o Barcelona no Palau Blaugrana.

Así as cousas, o adestrador breoganista mostrou a súa satisfacción pola actitude que ofreceron os seus xogadores en todo momento, que tan bo resultado déralles durante as dúas primeiras xornadas. Tamén destacou o labor reboteadora dos seus ante un rival que atesouraba un maior arsenal de home altos.

"Estou contento porque loitamos ata o último segundo do partido, competimos. Temos 9 xogadores que debutan na liga ACB. Sobre todo reboteamos ben. En ataque faltounos un pouco de ritmo no primeiro tempo, algo que mellorou no segundo", engadiu o técnico do Breogán na rolda de prensa posterior ao choque.

Doutra banda, Paco Olmos, manifestou que "sen que sirva de escusa", o seu equipo afrontou o partido tras "unha longa viaxe en bus" e, "sen entrar en polémicas", Olmos considerou que "un 28-8 en tiros libres" ao seu xuízo "é excesivo".

Comentarios