Outro impulso ao deporte

Víctor Sánchez del Amo y Eduardo Berizzo, en dos partidos de esta temporada.
photo_camera Víctor Sánchez del Amo y Eduardo Berizzo, en dos partidos de esta temporada.

Toda unha referencia. O novo módulo cuberto de atletismo situado na zona das Pedreiras foi inaugurado onte coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación, Antonio Veiga; o concelleiro de deportes, José Manuel Díaz Grandio e outros representantes como Mario Outeiro, delegado de Cultura e Turismo da Deputación; Jaime Castiñeiro, portavoz do PP no concello, ademais de Quique Rozas e Paz Abraira. A achega orzamentaria da Deputación para este módulo é de 1.216.000 euros.

A instalación conta cunha pista de 60 metros con seis rúas, ademais de dúas rúas para a zona de salto de lonxitude e un apartado preparado tamén para o salto de pértega, para o salto de altura e para o lanzamento de peso. A instalación conta tamén cos medidores para levar a cabo calquera competición en pista cuberta. De feito, o día 30 haberá unha proba de atletismo correspondente ao programa Xogade.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios