Óscar Castellano: "O equipo volveu a sorrir"

"Estou súper feliz pola confianza que me deu o adestrador e a vitoria, que era fundamental", afirma o dianteiro do CD Lugo
Óscar Castellano. CD LUGO
photo_camera Óscar Castelán. CD LUGO

O dianteiro do CD Lugo Óscar Castelano recoñeceu este xoves que o equipo "volveu a sorrir" coa vitoria ante o Numancia (3-1) no debut de Juanfran García como adestrador. 

'Chiqui' Castellano tivo protagonismo nos últimos minutos dese encontro, no que os galegos romperon unha serie de catro partidos sen gañar e se reengancharon á loita pola permanencia en LaLiga SmartBank. 

"Estou súper feliz pola confianza que me deu o adestrador e a vitoria, que era fundamental. Viñamos dunha derrota dolorosa en Xixón e con esta vitoria o equipo volveu a sorrir", declarou en rolda de prensa. 

O xogador branquivermello afirmou que coa inxección moral que supoñen eses tres puntos, o Lugo afrontarase o seu seguinte partido, ante o Alcorcón, "a matar e a por os tres puntos".
 

As penas do Lugo critican a "planificación e xestión" do club 
A Federación de Penas do CD Lugo criticou a "planificación e xestión" da entidade branquivermella, que está en posicións de descenso a Segunda División B. 

Nun comunicado, a agrupación cuestiona o "inexistente proxecto deportivo e a deficiente capacidade de planificación e xestión" por parte do Consello de Administración que preside Tino Saqués. 

Considera que se está dando "unha imaxe moi lonxe da seriedade e rigorosidade dun equipo que forma parte da elite futbolística nacional". 

"Estando preocupados pola posición clasificatoria, estámolo máis polo incerto futuro ao que o club se enfronta por culpa dos seus xestores", sostén. 

A Federación de strong <>Penas do Lugo entende que o club se atopa a día de hoxe moi lonxe de ser algo do que poder sentirse orgullosos". 

Comentarios