Oriol Comas incorpórase ao corpo técnico do Río Breogán

O adestrador catalán xa coincidiu con Paco Olmos e Javi Muñoz en diferentes clubs de México

Oriol Comas. TWITTER
photo_camera Oriol Comas. TWITTER

O Río Breogán segue coa planificación da tempada do seu regreso á máxima categoría do baloncesto nacional e este mércores confirmou a contratación do adestrador Oriol Comas para pasar a formar parte do corpo técnico que dirixirá ao equipo lucense na ACB. 

Oriol Comas formouse nos clubs CB Sant Just e o CB Cornellá, e xa posteriormente exerceu como axudante en equipos como o CB Castelló e o CB Prat. 

Tras pasar por Bahrein para traballar no Manama —conxunto co que logrou os títulos da Copa e a Supercopa—, chegou a súa etapa en México. Alí tivo contacto con Paco Olmos e Javi Muñoz, cos que agora integrará o corpo técnico do Río Breogán. Comas foi axudante de Muñoz no CB Santos Luis e traballou con Olmos no Fuerza Regia. 

O conxunto lucense pecha así o corpo técnico cos axudantes de Paco Olmos. Tamén ten xa completo o cadro de persoal de doce xogadores que van comezar a tempada regular o 18 de setembro

O equipo empezou este luns os adestramentos de pretemporada e aos poucos incorpóranse xa todos os xogadores para unha preparación que ten un calendario de amigables que arrincaría o día 21 deste mes en Gijón ante un equipo co que coincidirá na liga ACB, o Bilbao Básket. Mentres, os lucenses seguirán coa preparación para chegar á competición o mellor posible.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios