Operados con éxito Dani Mallo e Kevin van Wijk

Fotos para DIGITAL8.jpg
photo_camera Fotos para DIGITAL8.jpg

Dani Mallo, porteiro do CD Lugo, e Kevin van Wijk, pivote do CB Breogán, foron sometidos este mércores a senllas operacións nas súas mans dereitas, das que os dous saíron con éxito.

Van Wijk sufriu unha lesión na man dereita o venres, o que lle impediu ao equipo da liga LEB Ouro contar con el para recibir ao Huesca. Ao día seguinte, Dani Mallo lesionouse no quinto metacarpiano da man dereita, no minuto 36 do partido que o CD Lugo disputou na cancha do Alavés.

Os dous agradeceron o labor dos profesionais dos sanatorios Polusa e Nosa Señora dos Ollos Grandes.

O Breogán deu a noticia a través da súa conta de Twitter, onde se fixo eco de que o xogador quere "volver xa". Na mesma rede social recóllese a visita que lle fixeron algúns dos seus compañeiros.

Dani Mallo tamén acudiu á súa conta de Twitter, onde apuntou que a operación "foi moi ben" e que ansía empezar a traballar.

Segundo as valoracións dos respectivos cadros médicos, Van Wijk estará de baixa oito semanas e Mallo, dous meses.

Comentarios