Xa é oficial. Jerome Jordan será o substituto de Henk Norel como referencia interior do Cafés Candelas Breogán mentres o holandés recupérase da artroscopia á que se someteu e que lle terá máis de tres meses de baixa.
O club confirmou este sábado que o pivote xamaicano se incorpora ás filas celestes. O xogador de 2,15 de altura, que hoxe cumpre precisamente 32 anos, incorporarase nos próximos días á disciplina lucense
Jorda formouse en Estados Unidos, concretamente na Universidade de Tulsa (NCAA), onde destacou cunha media de 15,4 puntos, 9,1 rebotes e 2,3 tapóns por partido. Foi elixido no draft de 2010 da NBA e desde entón alternou varias experiencias na mellor liga do mundo con outras fóra do seu país. Os dous últimos anos estivo no Joventut xunto a outra das recentes fichaxes breoganistas: Sergi Vidal. Nos últimos meses xogou na Segunda División chinesa.
Temos unha primicia! O Cafés Candeas \
CBBreogan ao pivote jamaicano Jerome Jordan. Benvido! #benvido < href="https://twitter.com/hashtag/fichaxe?src=hash&ref_src=twsrc%5Etfw">#fichaxe < href="https://twitter.com/hashtag/Poder%C3%ADoInterior?src=hash&ref_src=twsrc%5Etfw">#PoderíoInterior < href="https://t.co/4myaE1MWTW">https://t.co/4myaE1MWTW < href="https://t.co/neB7SE2bZ4">pic.twitter.com/neB7SE2bZ4<> — Cafés Candeas (\Cafescandelas) 29 de setembro de 2018<>