Sergi Vidal incorpórase ao Breogán

O escolta internacional rescindiu o seu contrato co Joventut esta mesma semana

Sergi Vidal en una imagen de archivo. EFE
photo_camera Sergi Vidal nunha imaxe de arquivo. EFE

O Breogán confirmou este venres a incorporación de Sergi Vidal polo Cafés Candelas Breogán, a onde chega cun contrato temporal.

A situación física do plantel do Breogán obriga aos técnicos a estar atentos ao mercado para aproveitar calquera opción que sirva para atenuar os efectos das baixas. Sen perder de vista a posibilidade de ter que incorporar a un xogador interior no caso de Norel teña que pasar polo quirófano, a baixa de Arco abriu a posibilidade de incorporar, neste caso de forma temporal, a outro xogador.

Neste sentido o club lucense realizou unha oferta a Sergi vidal, que esta mesma semana rescindiu o seu contrato co Joventut. Lezcano, ao termo do encontro deste xoves, evitou facer calquera comentario, sinalando que "cando se faga algunha contratación anunciarao o club" . E este venres así o fixo o Breogán.

"VALEU". Do encontro deste xoves, o técnico destacou que fora positivo. "Valeunos moito porque levamos tempo traballando só con seis ou sete xogadores e necesitabamos facer cinco contra cinco, porque non o podemos facer nos adestramentos. Sérvenos para ver todos os fallos que temos e o camiño a seguir para mellorar, neste sentido foi un test moi válido". Tamén destacou que a recuperación de Redivo. "Vai polo bo camiño. Dos demais hai que esperar que sigan o seu proceso de recuperación".

PARTIDO EN OVIEDO. O Breogán volve xogar esta tarde, 21.00 horas, en Oviedo ante o Manresa en partido do circuíto Movistar.
 

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios