O Prone Lugo leva un punto con bo sabor

Os lucenses igualan ante o Rivas e enlazan dúas xornadas sen perder en Segunda ► O conxunto reaccionou a tempo para remontar tras o 1-2 do conxunto madrileño
Kevin Rengifo intenta hacerse con el balón ante un jugador del Rivas
photo_camera Kevin Rengifo intenta hacerse con el balón ante un jugador del Rivas

O Prone Lugo empatou este sábado (2-2) ante o Rivas nun encontro no que o conxunto lucense ofreceu unha boa imaxe e estivo bastante sólido en defensa, aínda que novamente acusou a falta de pegada e o pouco acerto nos metros finais.

O equipo lucense afrontou o partido sen baixas e iso notouse porque lle permitiu manter un bo ritmo de partido e tamén contar con rotacións e xente de refresco para buscar alternativas e algúns cambios.

A primeira metade mostrou a un Prone Lugo que estivo mellor que o seu rival e tivo o premio de adiantarse no marcador grazas a un tanto de Luís Longo. Con esa mínima vantaxe no marcador foise o equipo lucense ao descanso e tamén coa sensación de que quedaba todo por facer e por resolver na segunda metade.

Os locais acusaron moito un minuto nada afortunado no que recibiron dous goles e viron como o rival tomaba vantaxe no marcador (1-2). Era o momento de non perder a calma e o equipo que adestra Manuel Vázquez puido empatar poucos minutos despois grazas a un tanto de Nacho Pedraza, e iso deulle confianza e tranquilidade. Os minutos do encontro ofreceron a dous equipos que pareceron conformarse co punto que tiñan e é que ningún deles deu o paso adiante de apostar pola estratexia de porteiro-xogador.

Os lucenses suman así seis puntos e enlazan outra xornada sumando. Agora toca unha cita na Copa Xunta de Galicia ante os Tres Cuñados e logo será o momento de descansar uns días para volver á liga o 14 de xaneiro co partido ante o Antequera.

Comentarios