O medio burelense Julio Delgado decídese e firma polo Rácing de Ferrol

O xogador, de 20 anos, intentará explotar definitivamente nun dos clubs punteiros de Segunda B e un serio aspirante ao ascenso
Julio Delgado con la camiseta del Celta
photo_camera Julio Delgado con la camiseta del Celta

O burelense Julio Delgado esfollou a margarida das ofertas que tiña para xogar en Segunda División B e decidiuse finalmente polo Rácing de Ferrol. O futbolista xogou as tres últimas tempadas no Celta e antes pasara tamén pola canteira do Deportivo, sendo unha das grandes esperanzas do fútbol galego.  

Julio Delgado comezou a súa carreira deportiva nas categorías inferiores da SD Burela, fichando polo Viveiro infantil para competir na liga Galega. A súa calidade e visión de xogo chamou a atención dalgunhas das mellores canteiras do fútbol nacional, converténdose en xogador do Deportivo. Tras chegar á internacionalidad nas categorías inferiores da selección española co club coruñés decidiu dar o salto aos xuvenís do Celta, xogando tamén co equipo filial en Segunda División B e adestrando ás ordes de Berizzo, co primeiro equipo, en varias ocasións. 

O xogador tivo algúns problemas de lesións durante o tramo final da pasada campaña tras comezar moi elevado, pero xa están superadas. Agora será un dos puntais do Rácing de Ferrol 2016-17, un equipo que a pasada tempada foi subcampión do grupo I da Segunda B e quedou eliminado fronte ao Cádiz na fase de ascenso a Segunda B. 

O futbolista burelense pode xogar en calquera zona da media punta ou incluso como segundo punta, destacando polo seu hábil manexo da perna esquerda, o seu desequilibrante un contra un e a súa visión de xogo, cunha capacidade para asistir aos seus compañeiros que lle converte nun xogador moi cobizado.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios