O maratón de Lugo

A Gold River Race, a carreira máis longa de Europa, sobre unha distancia de 100 quilómetros, pasará por 35 da provincia
Deputación Lugo
photo_camera A proba foi presentada onte na Deputación. EP

A provincia de Lugo contará este ano, no próximo mes de xullo (do día 25 ao 27 do mesmo), na primeira edición da Gold River Race, a proba máis longa de Europa (100 quilómetros de percorrido) no que se refire a participar con piraguas por ríos. A competición foi presentada este xoves polo presidente da Deputación, José Tomé.

O que tamén é alcalde de Monforte comentou que a proba constará de 35 quilómetros na provincia de Lugo. Concretamente entrará por Augasmestas (Quiroga) para pasar despois polos municipios de Monforte e Sober antes de saír polo embarcadoiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Tomé destacou que a proba supón ''un escaparate inigualable'' para o patrimonio fluvial e de enoturismo da provincia, nunha nota de prensa enviada pola Deputación Provincial de Lugo.

O presidente da Deputación Provincial destacou igualmente na presentación da proba que esta cita ''vai marcar un punto de inflexión non piragüismo dentro e fóra de Galicia pola alta esixencia e pola aspiración a converterse co tempo na regata máis longa do mundo, superando algún día á arxentina de Río Negro''.

''Probas desta categoría, co seu impacto nos medios de comunicación e nas redes sociais, actúan como embaixadores internacionais das zonas que percorren. Este ano, moitas persoas van desfrutar das paisaxes da provincia de Lugo grazas ó paso da etapa da Volta a España por 12 concellos lucenses'', concluíu Tomé.

Comentarios