55-70. O Ensino perde e descólgase da loita por clasificarse para os play off

O equipo lucense suma a súa quinta derrota consecutiva

O Durán Maquinaria Ensino descólgase da loita por clasificarse para os play off polo título, cando só quedan tres xornadas para que finalice a fase regular, tras perder este sábado en Lugo contra un rival directo, o Mann Filter Zaragoza, por 55-70. 

O equipo lucense, que sumou a súa quinta derrota consecutiva, chegou ao descanso por diante no marcador, 34-30, pero na segunda parte afundiuse.

O Ensino botou en falta a achega ofensiva da súa máxima anotadora, a á-pivote nixeriana Nyingifa, que só conseguiu dous puntos, aínda que capturou dez rebotes. Tamén lastraron ás lucenses as 21 perdas de balón, case o dobre que as mañas.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios