O Club Fluvial, líder da Copa Deputación

Imponse na segunda xornada, que se disputou nas augas do Miño ► Adrián Jubón e Tania Fernández lograron o triunfo en sénior
Un instante de la segunda jornada de la Copa Diputación
photo_camera Un instante de la segunda jornada de la Copa Diputación

O Club Fluvial impúxose na segunda xornada da Copa Deputación de piragüismo, disputada este domingo nas augas do río Miño, á altura da área recreativa Los Robles. O club lucense sumou un total de 2519 puntos, con seis ouros, oito pratas e sete bronces. O Cidade de Lugo, anfitrión da proba, finalizou segundo con 1975 puntos, sete ouros, catro pratas e seis bronces. Terceiro foi o Kaiak de Foz con 723 puntos, dous ouros, dous platasy un bronce. O Altruán sumou 621 puntos, cun ouro e dúas pratas. O Viveiro tivo 527 puntos e sumou unha medalla de ouro e o San Ciprián, 505 puntos cunha prata e tres bronces.

Adrián Jubón (Fluvial) foi o vencedor en categoría sénior masculino, seguido dos seus compañeiros de equipo Miguel Martínez e Alejandro Cadros. En sénior feminino impúxose Tania Fernández (Fluvial), segunda foi Lorena Jubón (Fluvial) e terceira, Sabela Castro (Cidade de Lugo).

En categorías inferiores, Alen Varela (Fluvial) impúxose en benjamín, seguido por Álvaro Lamazares (Cidade de Lugo) e Juan José Paz (San Ciprián). En benjamín feminino, Emily Fernández (fluvial) se llevóla vitoria. Aida Fonseca (Fluvial) foi segunda e Sara Abel (Cidade de Lugo), terceira.

A vitoria en alevín A masculino levoulla Iago García (Kaiak), completando o podio Nicolás Gayol (Altruán) e Cristian Lage (San Ciprián). En alevín B impúxose Víctor Devesa (Cidade de Lugo), seguido de Juan Devesa (Fluvial) e Kevin Racamonde (Fluvial). Andrea Rodríguez (Altruán) foi a mellor en alevín B feminino, con Iria Calveche (San Ciprián) segunda e Nerea Álvarez (Cidade de Lugo) terceira.

O triunfo en infantil A masculino foi para Ignacio González (Cidade de Lugo), que quedou por diante de Sergio Rubio (Kaiak) e Noé Fernández (San Ciprián). En infantil B, Lucas López (Cidade de Lugo) foi primeiro, Roi Blanco (Fluvial) segundo e Iago Carreira (Fuvial), terceiro. A categoría infantil A feminino finalizou coa vitoria de Enma Devesa (Cidade de Lugo), que se impuxo a Marta Rodríguez (Fluvial) e Sara Fernández (Fluvial). En infantil B feminino, gañou Aitana Balbas (Fluvial), segunda foi María Fenrández (Kaiak) e terceira, Mercedes Fonseca (Fluvial).

En cadete masculino, Xoel García (Kaiak) levou a vitoria por diante de Iago Novo (Fluvial) e Javier Rodríguez (Fluvial). En feminino, impúxose Alicia López (Cidade de Lugo), seguida de Alicia López (Cidade de Lugo) e Uxía Núñez (Cidade de Lugo).

Julio González (Cidade de Lugo) gañou en xuvenil masculino, seguido de Ramón Fernández (Fluvial) e Brais Blanco (Fluvial). En xuvenil feminino, a vitoria levoulla Lucía Valiña (Fluvial); Susana Maior (Cidade de Lugo) acabou segunda e Clara González (Cidade de Lugo), terceira.

O triunfo na categoría de veteranos foi para Marcos Illanes (Viveiro), seguido de Raúl Cedrón (Altruán) e Ramón Lanzós (Kaiak). En veteranos feminino, o podio copárono padeeiros do Cidade de Lugo. Patricia Jubón foi primeira, Monserrat Paredes segunda e Carmen García finalizou terceira.

Comentarios