O 18 de setembro arrinca a tempada 2021/2022 da liga Endesa. Así o anunciaron a través da súa conta de Twitter.
¡Así queda configurada al completo la JORNADA 1⃣ de la #LigaEndesa 2021-22!
— Liga Endesa (@ACBCOM) August 4, 2021
1⃣8⃣ y 1⃣9⃣ de septiembre
Consulta aquí el CALENDARIO COMPLETO
https://t.co/h7bDHybKYV pic.twitter.com/tcn4jEN6RM
Na primeira xornada, o mesmo sábado 18 ás seis da tarde, o Río Breogán enfrontarase na casa ao Lenovo Tenerife.
El 18 de septiembre... ¡ARRANCA LA TEMPORADA DE #LigaEndesa 2021-22!
— Liga Endesa (@ACBCOM) August 4, 2021
Así será la Jornada 1⃣:
Río @CBBreogan Lenovo @CB1939Canarias
Sábado 18 de septiembre
18:00 pic.twitter.com/9JZu9d4GkN
O próximo día 25 —tamén ás 18:00h, pero esta vez fóra da casa— o Breogán enfrontarase ao Barça, encontro que se disputará de novo en Lugo o 7 de maio de 2022 ás 20:45h.
Ao Real Madrid os lucenses enfrontaranse na casa o 17 de outubro ás 19:00h. e volverán a atoparse na capital seis meses despois, o 17 de abril ás 12:30h.
O derbi co Monbus Obradoiro terá que agardar a 2022. O luns 3 de xaneiro enfrontaranse en Santiago ás 21:30h., encontro que se repetirá en Lugo ás 18:00h. o 26 de marzo.
Os lucenses terminarán a Liga na casa o 15 de maio contra o Unicaja.