O Breogán usará na Copa Princesa unha camiseta con motivos de Sargadelos

O club quere facer unha homenaxe "á historia do noso baloncesto"
La camiseta del Breogán para la Copa Princesa. CB BREOGÁN
photo_camera A camiseta do Breogán para Cópaa Princesa. CB BREOGÁN

O Leite Río Breogán estreará camiseta na Copa Princesa. O equipo lucense, que se xogará o trofeo fronte ao HLA Alacante no Pazo o vindeiro venres ás 19.30, realizará "unha homenaxe á historia do noso baloncesto e á memoria cultural e empresarial de Galicia" na súa vestimenta. 

O conxunto celeste presentou nas súas redes sociais a camiseta, que conta con motivos de Sargadelos. Ademais, os afeccionados poderán adquirir a camiseta especial de Cópaa Princesa na páxina web oficial do club. 

Comentarios