Domingo. 23.09.2018 |
El tiempo
Domingo. 23.09.2018
El tiempo

O brasileiro Felipe dos Anjos incorpórase ao Breogán

O xogador brasileiro Felipe dos Anjos chega ao Breogán cedido polo Real Madrid. EP
O xogador brasileiro Felipe dos Anjos chega ao Breogán cedido polo Real Madrid. EP

O xogador chega cedido polo Real Madrid para participar na pretemporada e traballará ás ordes de nbsp;Natxo&Lezkano desde esta mesma semana

O brasileiro Felipe dos Anjos de Paula Gama, de 2,18 metros e 20 anos, incorporarase aos adestramentos co Cafés Candelas Breogán, ao que chega cedido polo Real Madrid cun acordo temporal para participar na pretemporada do equipo lucense.

O xogador pasou o recoñecemento médico e traballará ás ordes de Natxo Lezkano desde esta mesma semana, segundo informou o Breogán nun comunicado.

Dos Anjos chegou á canteira do Real Madrid en 2012 e formou parte do equipo EBA. Foi MVP do Torneo de Hospitalet e destacou en importantes citas, como os torneos Adidas Next Generation ou Basketball Without Borders.

O interior xogou cedido en Oviedo Baloncesto de LEB Ouro (2016/17) e no San Pablo Burgos de Liga Endesa a pasada campaña.

O brasileiro Felipe dos Anjos incorpórase ao Breogán
Comentarios