O balón bota fume no Torneo Cidade de Lugo

A décimo quinta edición da competición arrincou este luns para catro categorías ► As finais disputaranse o mércores
Uno de los partidos disputados este lunes en el Torneo Cidade de Lugo
photo_camera Uno de los partidos disputados este lunes en el Torneo Cidade de Lugo

A décimo quinta edición do Torneo Cidade de Lugo de fútbol sala de base arrincou este luns para as catro categorías en liza, e é que o evento se disputa para as categorías benjamín (que xogan os seus choques no Centro Deportivo Terra), alevín (Casa do Deporte), infantil (O Palomar) e cadete (Pavillón Municipal). Neste torneo toman parte un total de 44 equipos, 12 benxamíns, 12 alevíns, 10 infantís e 10 cadetes. 

A rolda previa prolongarase durante a xornada deste martes e mércores, na que se disputarán as semifinais e a final de cada categoría, onde haberá en xogo o pase á fase final do torneo, que terá lugar entre o 2 e o 4 de xaneiro de 2017, cando se dará cita en Lugo o máis representativo das canteiras do fútbol sala español. 

O pase á final do torneo celebrarase entre o 2 e o 4 de xaneiro

As semifinais da categoría prebenxamín disputaranse este mércores ás 9.30 e ás 10.30 horas, mentres que a final está programada para as 16.30, todo no Pavillón Municipal. Tamén no Terra xogaranse as semifinais da categoría alevín (11.30 e 12.30), mentres que a final será ás 17.45 no Pavillón Municipal. 

As semifinais da categoría infantil xogaranse no Pavillón Municipal ás 9.30 e 10.30 horas, mentres que a final disputarase ás 18.45, tamén no Municipal. 

Para rematar, o Municipal acollerá as semifinais e final da categoría cadete. Os partidos nos que estará en xogo o pase á final disputaranse ás 11.30 e 12.30 horas. A final será ás 19.45. 

O Prone Lugo, que organiza este evento, conta coa colaboración de Concello, Deputación e Xunta de Galicia.

Comentarios