Novos alumnos na clase para o Breogán

Haberá seis equipos que hai un ano, cando os lucenses conseguiron o ascenso, non estaba na categoría

Löfberg lanza durante un Breogán-Oviedo en 2018. AEP
photo_camera Löfberg lanza durante un Breogán-Oviedo en 2018. AEP

O Cafés Candeas Breogán atoparase a próxima campaña unha LEB Ouro renovada e con importantes variacións a pesar de que estivo fóra desta competición só unha tempada.

Dos dezaoito clubs que tomarán parte na próxima edición da segunda liga do baloncesto español, seis non militaban esta categoría cando o Breogán conseguiu o ascenso. Destes, tres son de localidades con gran arraigamento baloncestístico e incluso con pasado ACB, como son Delteco Gipuzkoa, a Fundación Lucentum de Alacante -ascendeu esta tempada como campión da LEP Prata e volve a unha categoría na que militou durante oito tempadas, a última na 2012-13, e nove campañas na ACB-, e o Fundación Alicante. Este é herdeiro do desaparecido CB Granada SAD -xogou durante doce tempadas na ACB- e debutou a pasada tempada na LEB Ouro cun importante apoio social que se traduce en máis de tres mil abonados e importantes asistencias nos encontros que disputa o equipo no Palacio dos Deportes de Granada.

As outras tres novidades para o público lucense represéntana os dous equipos ascendidos desde o play off de LEB Prata -o Marín Peixe Galego e o CB Almansa- e o Real Canoe, de Madrid, que cumprirá a súa segunda tempada na LEB Ouro e que devolve á capital de España á segunda competición do baloncesto español, circunstancia que non se producía desde a tempada 2004-05 coa presenza do Fuenlabrada.

Para a tempada 2019-20 Galicia volverá contar con strong <>catro equipos nesta competición. Ademais do Breogán tamén estarán o Leyma Coruña, o Club Ourense Baloncesto e o Marín Peixe Galego. Haberá, pois, un club por cada provincia e coa particularidade que o obxectivo de tres deles, os representantes de Lugo, A Coruña e Ourense, marcaranse como obxectivo o ascenso á ACB.

Organizativamente tamén houbo cambios significativos, que aínda poderían ser máis dependendo do que suceda na prósima asemblea da Federación Española de Baloncesto (FEB). En primeiro lugar auméntase a tres o número de descensos mentres que para os ascensos mantéñense con dous. A primeira praza para a ACB seguirá sendo para o campión da fase regular mentres que a segunda praza xa non se xoga nos tres play off que antes se disputaban.

Desde a pasada tempada, os equipos clasificados entre a segunda e novena praza disputan unha eliminatoria ao mellor de cinco partidos. Os gañadores xogaranse o ascenso nunha final a catro nunha sede que determina a FEB.  Como na liga Endesa e desde a tempada pasada os encontros na LEB Ouro son dirixidos por tres árbitros.

Respecto da televisión, a FEB asinou un acordo por cinco anos -cumpriuse un- coa liga TV, que adquire os dereitos audiovisuais da competición. Esta fórmula garante a retransmisión, polo menos, de dous duelos por xornada. De todos os xeitos, ese acordo non pecha as posibilidades de que outros operadores, xeralmente autonómicos ou locais, poidan realizar retransmisións, como fixo a TVG a pasada tempada.

A LEB Ouro 2019-2020
Cafés Candelas Breogán
Delteco GBC
Iberojet Palma
Liberbank Oviedo
Club Melilla Baloncesto
Río Ourense Termal
Covirán Granada
Chocolates Trapa Palencia
Levitec Huesca
Força Lleida
Leyma Coruña
Tau Castellón
Cáceres
Real Canoe
CB Alicante
CB Marín Peixe Galego
CB Almansa

 

Comentarios