martes. 11.08.2020 |
El tiempo
martes. 11.08.2020
El tiempo

Novo formato na LEB Ouro: 19 equipos e dous grupos

Dago Pena achégase á zona ante Mathieu Kamba no Breogán-Leyma Coruña deste curso. SEBAS SENANDE
Dago Pena achégase á zona ante Mathieu Kamba no Breogán-Leyma Coruña deste curso. SEBAS SENANDE
O Durán Maquinaria Ensino comezará a liga Endesa o 19 de setembro

O Leite Río Breogán participará a próxima tempada nun novo formato de LEB Ouro. Así o anunciou este venres a FEB, que non deu por pechado o sistema.

A competición, con data de inicio o 16 de nbsp;outubro&, pasaría a estar integrada por 19 equipos, os cales se dividirían en dous grupos de 10 e 9 equipos, disputando unha primeira fase composta por 18 xornadas.

Os cinco primeiros clasificados de cada grupo accederían a un Grupo de Clasificación, o resto a un de permanencia. Ao termo da liga Regular "o campión ligueiro logrará a primeira praza de ascenso á liga Endesa mentres que a segunda praza porase en xogo no formato Final Four tras a disputa dunha primeira rolda de Playoffs", informa a FEB. 

No grupo de permanencia serán os últimos catro equipos os que descendan. 

DURÁN MAQUINARIA ENSINO. A liga Endesa de baloncesto feminino na que o Durán Maquinaria Ensino participará comezará o 19 de setembro e estará integrada por 16 equipos. 

A súa principal novidade respecto da tempada anterior radica en que "a Supercopa de España disputarase baixo un novo formato cun total de catro equipos que terán que superar unha primeira rolda de semifinais e unha posterior final para poder facerse co título".

Novo formato na LEB Ouro: 19 equipos e dous grupos
comentarios