Natxo Lezkano: "Dá moita rabia o último cuarto"

O adestrador do Breogán cre que dilapidaron "o traballo" que fixeran durante todo o partido

Natxo Lezkano. SEBAS SENANDE
photo_camera Natxo Lezkano. SEBAS SENANDE

Natxo Lezkano, adestrador do Cafés Candelas Breogán, recoñeceu que lle produciu "moita rabia" que no último cuarto do partido co Kirolbet Baskonia (72-90) dilapidasen "o traballo" que fixeran previamente.

"Tivemos tres cuartos moi bos en liñas xerais, aínda que con tres faltas en tiros de tres que nos condenaron un pouquiño, con poucos erros, seis perdas e controlando ben o xogo ofensivo de Baskonia. No último cuarto dá moita rabia porque todo o traballo de tres cuartos desapareceu", explicou en rolda de prensa.

Foi nese momento cando o equipo vasco, da man do brasileiro Marcelinho Huertas, pisou o acelerador e cun parcial de 2-18 deixou encarrilado o triunfo.

"Marcharon, viñémonos abaixo a nivel mental, buscamos dar outro aire ao partido cos cambios para intentar meternos, puxémonos a dez pero outra vez tivemos perdas de balón. Para gañar ao Baskonia tes que xogar os 40 minutos, manter un nivel físico e de concentración constante", sostivo.

Comentarios