Natxo Lezkano acepta o reto de conseguir a permanencia como técnico do Oviedo

O exentrenador do Leite Río Breogán chega a un equipo que ocupa a antepenúltima posición na táboa da LEB Oro
Rueda de prensa de despedida de Lezkano, en marzo. XESÚS PONTE
photo_camera Lezkano, nunha ruda de prensa. XESÚS PONTE

O que fora adestrador do Breogán Natxo Lezkano asinou este xoves polo Liberbank Oviedo, decimosexto e antepenúltimo clasificado na LEB Oro, con 7 triunfos, dous máis co Canoe e catro máis co Marín. Lezkano (Portugalete, Biscaia, 17-10-1972) substitúe no banco do equipo asturiano a Javi Rodríguez logo dunha frouxa tempada dun conxunto que aspiraba ao comezo da tempada a clasificarse para os play off de ascenso.

Lezkano chega ao equipo que xoga no pavillón de Pumarín co obxectivo de evitar o descenso á LEB Prata, un perigo no que o cadro asturiano está desde o comezo da tempada. Natxo Lezkano foi o adestrador que conseguiu o último ascenso do Breogán ata agora á liga ACB, en maio de 2018.

O técnico biscaíño, que chegara ao Pazo dous Deportes de Lugo, no verán de 2016, empezou a tempada 2018-2019 á fronte do equipo, pero foi despedido o 18 de marzo de 2019, logo de encaixar o equipo celeste unha dura derrota ante o Delteco (100-65).

Tras a marcha de Natxo Lezkano, o Breogán fichou para o banco a Tito Díaz, actual director xeral do equipo celeste. O Breogán descendeu finalmente.

Antes do seu paso polo Breogán, Natxo Lezkano dirixiu durante oito campañas ao Palencia, de 2017 a 2015, ao que ascendeu á LEB Oro, onde o equipo continúa. De 2002 a 2007 Lezkano foi segundo no Tau Vitoria con adestradores como Dusko Ivanovic, Velimir Perasovic, Pedro Martínez ou Bozidar Maljkovic.

Comentarios