Nace en Lugo un novo equipo: o Xabaríns Volei Club

Integrantes del Xabarín Volei Club sénior. EP
photo_camera Integrantes do Xabaríns Volei Club.

De momento son 16 pero poderían ser moitos máis. O Xabaríns Volei Club é un novo equipo que pretende situarse na cidade como unha alternativa diferente dentro dun deporte "que non é moi grande", como explica o seu presidente, o mozo Pedro Val, que tamén exerce como xogador no equipo sénior, o primeiro dos varios proxectos que ten en mente este grupo de deportistas afeccionados e amantes do voleibol. "Queriamos ter un clube propio, levado or nós, que buscase que todo lucense poida facer deporte, teña catro ou 70 anos", engade o dirixente.

O proxecto do novo club nace coa idea de competir en Primeira Galega sénior e farao cun protagonista de renome como adestrador, o estremeño Raúl Rocha, recentemente nomeado como mellor adestrador da Superliga sueca ás ordes do Blakfélag Fjallabyggdar.

"Pola pandemia tivo que quedar en Galicia e decidiu unirse ao noso proxecto. A nivel estatal subiu ao Badaxoz de Superliga 2 a Superliga 1, polo que temos moita sorte de contar cunha persoa tan experimentada", engade Pedro Val.

A idea do Xabaríns Volei Club é iniciar o proxecto cun equipo sénior masculino e formar o feminino o próximo ano, ademais de comezar "cos colexios" e crear un equipo máster para xogadores veteranos.

Comentarios