Musa gaña o trofeo Estrela Galicia a mellor xogador da tempada no Breogán

O bosníaco, que sumou catro galardóns a mellor xogador do mes, agradeceu novamente a todo o equipo o traballo realizado durante todo o ano
Musa, con el trofeo. RIO BREOGÁN
photo_camera Musa, con el trofeo. RIO BREOGÁN

O beirado bosníaco Dzanan Musa, MVP da liga Endesa, conquistou outro premio pola súa gran tempada co Río Breogán no seu debut na ACB, o trofeo Estrella Galicia como mellor xogador do curso. 

Musa acumulou ao longo do seu brillante ano en Lugo catro trofeos como o mellor xogador do mes e agora levouse o da tempada.

Con 23,1 puntos, 5,1 rebotes, 6,5 faltas recibidas, 3,1 asistencias e 23 de valoración por partido, o beirado foi o máis destacado do Breogán e da liga Endesa. 

O trofeo que suma á súa colección o internacional bosníaco é unha exclusiva reprodución dos tiradores de cervexa tradicionais de Estrella Galicia elaborado pola cerámica galega Sargadelos.

Musa agradeceu o recoñecemento a Estrella Galicia e aos afeccionados e, como fixo cos premios mensuais, recordou que se trata dun recoñecemento ao traballo de todo o equipo, segundo explicou o seu club, no que non continuará a próxima tempada.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios