Musa arrasa na votación popular para o MVP da liga Endesa

O bosníaco sumou 28.899 votos, mentres que Shermadini apenas supera os 20.000 e Moneke queda por baixo dos 4.500
Musa, ante el Burgos. XESÚS PONTE
photo_camera Musa, ante el Burgos. XESÚS PONTE

O breoganista Dzanan Musa arrasou nas votacións populares para elixir ao MVP da liga Endesa. O bosníaco sumou 28.899 votos, polos 20.298 de Giorgi Shermadini (Lenovo Tenerife), segundo clasificado. Chima Moneke (Manresa) pecha o podio, pero a unha distancia considerable dos dous primeiros (4.388). 

A votación popular non é definitiva para a concesión do premio, aínda que é unha parte igual de importante que as outras tres. O premio a mellor xogador da tempada conta con catro procesos de votación distintos, e cada un se contabiliza ao 25%.

Á marxe dos votos dos afeccionados, téñense en conta as votacións dos xogadores, dos adestradores e dos medios de comunicacion. 

Musa, que logrou recuperarse a tempo da súa operación de garganta, poderá despedirse sobre a cancha da afección lucense, que quere devolver tamén ao bosníaco todo o agarimo que demostrou cara ao Breogán e cara á cidade ao longo de todo o ano. 

Comentarios