O mundo dos 'rallyes' chora a morte do mecánico francés Bernard Vara

O técnico traballou en Lugo entre os anos 2006 e 2009

O mundo dos rallyes está de loito a causa do repentino falecemento do mecánico francés Bernard Vara, que morreu aos 73 anos ao sufrir un infarto cando viaxaba coa súa moto á altura de Irún.

O técnico francés deixou un grato recordo en Lugo, onde traballou entre 2006 e 2009, integrado no Nupel Team, e onde se encargou de evolucionar o Porsche 911 GT3 co que o lucense Sergio Vallejo logrou o seu primeiro título nacional de rallyes.

Vara xa estivera previamente con Vallejo na época na que este fora piloto oficial de Fiat.

O preparador francés deuse a coñecer nas décadas dos setenta e oitenta polo seu bo facer como preparador nos Porsche de Marc Etchebers, Beny Fernández ou Carlos Piñeiro, entre outros.

O seu enxeño para amornar a potencia do bólido alemán e adecualos ás esixencias dos rallyes convertérono nunha das persoas máis recoñecidas en España pola súa relación con Porsche.

O copiloto de Meira Diego Vallejo despediuse del na súa conta de Twitter.

Comentarios