Jorge Prado estrearase o domingo en MXGP

A cita tiña que empezar este sábado, pero debido á borrasca Jorge atrasouse
Jorge Prado, campeón del mundo de MX2. DIEGO MUÑOZ2
photo_camera Jorge Prado, campión do mundo de MX2. DIEGO MUÑOZ

O Mundial de motocrós arrinca este domingo no espectacular circuíto británico deMatterley Basin, onde se disputarán as primeiras mangas puntuables da tempada en terreo húmido e esvaradío por unha choiva que xa fixo acto de presenza este venres na xornada de benvida aos pilotos e equipos, cando se desenvolveron as verificacións técnicas, os exames médicos aos participantes e o control do circuíto.

A incidencia da a borrasca Jorge tal que a organización se viu obrigada a pospor a competición para este domingo. Na este enlace pode consultar como quedaron configurados os diferentes horarios

A zona afectada polo temporal. MXGP

O piloto lucense Jorge Prado, bicampión do mundo na categoría de MX2 compareceu este venres ante a prensa, nunha entrevista con MXGP-TV e afirmou que, logo de adestrar moi duro tras a súa lesión, sente preparado e con ganas de inaugurar a que é a súa primeira tempada en MXGP para gozar e dar o mellor de si sobre a KTM 450 cc. O piloto do Red Bull KTM Factory Racing co equipo italiano de De Carli, xunto ás nove veces campéon do mundo Tony Cairoli, fixo gala do seu bo humor cun xogo de palabras acerca da súa pilotaxe e a tormenta que este venres descargou sobre o trazado británico.

Coincidindo coa xornada de benvida deste venres en Matterley Basin tamén se deu a coñecer o acordo alcanzado entre Jeffrey Herlings, The Bullet, e o equipo KTM Factory Racing para estender ata 2023 o contrato do holandés, que parte como un dos grandes favoritos para lograr o título esta tempada xunto ao vixente campión mundial de MXGP, o esloveno Tim Gajser, e, por suposto, Tony Cairoli, quen buscará igualar este ano a marca que ostenta o belga Stefan Everts con dez títulos mundiais.

Outra novidade na xornada previa ao arranque do Mundial foi a presentación do novo equipo RFME Gas Gas MXJunior Team. Os pilotos que representarán a España en esta campaña serán David Braceras, Guillem Farrés e Gerard Congost, capitaneados,polo especialista Paco Rico. Coa inesperada lesión de Congost é David Beltrán quen ocupa o seu posto na primeira carreira no Reino Unido. Competirán no campionato de Europa de 125 toda a tempada.

Nunca antes coincidiran en MXGP tantos campións do mundo

En MXGP Glenn Coldenhoff e Ivo Monticelli correrán en MXGP co Standing Construct Gas Gas Factory Racing, e en MX2 farano Jeremy Sydow e Simon Langenfelder co DIGA Procross Gas Gas Factory Juniors.

O equipo KTM Sarholz tamén anunciou como novidade de última hora que o francés ex campión mundial Jordi Tixier, de 27 anos competirá nas roldas europeas do campionato mundial e no ADAC MX Masters alemán.

Comeza o espectáculo e as carreiras poden seguirse en directo en MXGP-TV e TVG2.

Comentarios