Os motores volven ruxir en Lugo

O Rallye de de San Froilán arrinca este venres coa participación de 129 equipos. Os pilotos percorrerán 91 quilómetros, divididos en oito tramos
Presentación del Rallye San Froilán. SEBAS SENANDE
photo_camera Presentación do Rallye San Froilán. SEBAS SENANDE

A ESCUDERÍA Miño organiza a cuadagésimo primeira edición do Rallye San Froilán, que conta con 129 equipos inscritos. O percorrido previsto será de 91,310 quilómetros, divididos en oito tramos cronometrados por estradas pechadas ao tráfico. A proba, que se disputa este venres, constará de dúas etapas divididas en cinco seccións. Discorrerá polos concellos de Lugo, Outeiro de Rei, Friol, Meira e Pol. Os participantes terán que percorrer un total de 379 quilómetros para enlazar os distintos tramos.

O gañador da anterior edición do rallye, puntuable para o campionato galego co máximo coeficiente, foi Víctor Senra, actual campón galego, que este ano non acudirá a este rallye. O lucense Adrián Díaz, gañador da edición de 2017, foi segundo.

As verificacións técnicas e administrativas dos vehículos efectuaranse este venres no polígono industrial As Gandaras. A cerimonia de saída da competición farase na Praza Maior, ás 20.00 horas.

Será ao longo da xornada do mañá cando os pilotos se verán obrigados a dar o mellor de se mesmos coa disputa de catro tramos, con dúas pasadas para cada un deles.

A saída para cubrir o primeiro tramo da competición, o de Outeiro de Rei, está programada ás 8.00 horas desde o parque pechado das Gándaras. A primeira pasada sobre o traxecto, de 12,275 quilómetros, farase a partir das 08:53, mentres que a segunda pasada dara comezo ás 12.06 horas. Para as 9.16 horas está previsto que comece o segundo tramo, o de Friol, sobre 10,300 quilómetros. A segunda pasada está programada para as 12:29, co que se porá fin á carreira matinal.

Pola tarde disputaranse os dous tramos finais, con dúas pasadas cada un. No tramo de Meira, de 10,700 quilómetros, competirase a partir das 17:17 e o segundo percorrido farase ás 20:12.

A carreira decidirase no traxecto de Pol, de doce quilómetros, cunha primeira pasada a partir das 17.45 horas, e a segunda ás 20:40 horas, cando termine a de Meira.

PROGRAMA
Venres 25
09:00 ► Inicio das verificacións administrativas no parque pechado do polígono industrial das Gándaras.
10:30 ► Inicio das verificacións técnicas e instalación de GPS .
18:00 ► Publicación dos vehículos autorizados para tomar a saída.
20:30 ► Cerimonia oficial de saída na Praza Maior. Os participantes dirixiranse cara ao polígono das Gándaras.
Sábado, 26
08:00 ► Saída do parque das Gándaras cara ao tramo de Outeiro de Rei.
08:53 ► Primeira pasada polo tramo de Outeiro de Rei.
09.16 ► Primeira pasada polo tramo de Friol.
12:06 ► Segunda pasada polo tramo de Outeiro de Rei.
12:29 ► Segunda pasada polo tramo de Friol.
17:17 ► Primeira pasada polo tramo de Meira.
17:45 ► Primeira pasada polo tramo de Pol.
20:12 ► Segunda pasada polo tramo de Meira.
20:40 â?? Segunda pasada polo tramo de Pol.
21:24 â?? Chegada do primeiro participante ao parque pechado.

Comentarios