Pablo Antas, un monterrosino que vale un ascenso para Santiago

Un gol de penalti do ulloano selou o regreso do Compostela á Segunda División B
2020072913145761954
photo_camera Pablo Antas avanza coa pelota. EL CORREO GALLEGO

Pablo Antas vive uns días de felicidade tras conseguir co Compostela o ascenso á Segunda División B ao igualar na gran final fronte ao Ourense CF.

"Foi unha celebración diferente pola situación actual, non houbo contacto coa afección como nos gustaría, pero no recibimento había xente cando chegamos a Santiago. Foi unha noite de celebración e que lle permite ao club sacarse unha laxa que tiña dos últimos anos", reflicte o xogador ao recordar como viviu esas primeiras horas do ascenso.

O futbolista monterrosino ten claro o importante que era subir para o Compostela e tamén admite que desde a súa chegada ao equipo nesta campaña tiña moi claro ao que viña.

"Para o club era ese paso que necesitaba dar, o club tivo paciencia, apostaron forte e o resultado está aí, Oxalá sexa un paso para seguir crecendo e é tamén unha liberación para a entidade. A nivel persoal, xa o dixen na presentación co equipo, e é que chegaba coa fe cega de lograr o ascenso co Compostela porque para iso chamáronnos, chegamos xente para dar un plus de experiencia e experiencia; e ao final moi contento porque é lograr un obxectivo para o que viñeches», apunta.

Antas tamén se refire a como viviu o equipo esa presión que lle outorgaron de ser considerado o gran favorito para ser campión na liga e para ascender logo. "Non tiñamos tampouco esa sensación de presión, tiñamos a sensación de compromiso e saber que tiñamos que facer ese traballo e estabamos moi implicados. Creo que desde dentro sempre estivemos tranquilos, traballamos moito para conseguir o obxectivo e ao final saíu todo como queriamos".

"Estaba convencido e con confianza de que ía meter o penalti"

O xogador do Compostela tivo tempo para facer unha valoración de como foi o partido das semifinais ante o Barco e, por suposto, a gran final polo ascenso do pasado sábado fronte ao Ourense CF. "Contra o Barco, a verdade é que o guion de partido déusenos ben. Era unha sensación estraña tras tanto tempo sen competir, era un pouco incerteza e a verdade é que saímos fortes e atopámonos con dous goles pronto. Con todo, non nos fomos contentos porque non sentimos como o Compostela solvente e dominador que se viu durante a tempada", asegura.

"Ante o Ourense CF o equipo estivo moito mellor, mais cómodo e seguro, parecémonos máis ao Compostela de sempre a pesar de que empezamos por detrás no marcador. Creo que ata nos veu ben ese gol encaixado, confiamos no que faciamos e referendámolo cunha segunda parte na que fomos os auténticos dominadores do encontro. Tivemos ocasións e co penalti logramos empatar e soster un final que loxicamente sería tenso", inidica.

O momento cume chegou co penalti sinalado a favor do Compostela e un lanzamento que viviu así o monterrosino. Así o recorda. "Cando foi o penalti o primeiro é que lle preguntei a Primo se o ía a tirar, díxome que non, vinme confiado e collín o balón. Estaba convencido e con confianza de que o ía a meter. Ao final dos adestramentos case sempre me quedaba con lor porteiros para lanzar algúns penaltis e algunha falta; non o pensei no lanzamento e a verdade é que saíu realmente ben", di.

"Vai ser un ano difícil de xestionar para todo o mundo ao chegar a unha categoría complicada"

Unha das circunstancias que rodeaban ao duelo é que ao Compostela valíalle o empate para ascender ao quedar primeiro na fase regular. "O partido prepárase para gañalo, non podes saír a especular durante noventa minutos. Sabiamos que o guión e o resultado podía xogar ao noso favor, pero é como un día normal. Non perdemos a cabeza co primeiro gol, era prioritario non recibir o segundo, seguir coa mesma idea e así o falamos no descanso. Non era uns situación desesperada e atopamos o empate", asegura.

Pablo Antas ten contrato en vigor co Compostela, co que seguirá no equipo para a próxima campaña, na que os santiagueses van militar nunha Segunda División B diferente. Antas xa xogou nesa categoría co Lugo, o Somozas ou o Bouzas, pero agora é evidente que lle espera unha competición moi diferente. O lucense é máis que consciente diso. "Vai ser un ano difícil de xestionar para todo o mundo, chegas a unha categoría complicada, nun formato distinto no que vai primar moito como arranques. Será complicado xestionalo, pero seguro que haberá que empezar moi ben", conclúe.

"Leveime unha gran alegría coa permanencia do Lugo" 
Pablo Antas recoñece a gran alegría que lle produciu o feito de que o Club Deportivo Lugo siga unha tempada máis na Segunda División, sobre todo tras un final de campaña que seguiu con intensidade. "Si que puiden seguir as últimas xornadas do Lugo, vivino con tensión e era moi importante a permanencia para o deporte lucense e levei unha gran alegría como lucense", asegurou.
Quique Setién
O futbolista lucense coñece ben a Quique Setién porque o adestrou na súa etapa como xogador do CD Lugo, e cando os branquivermellos tiveron moi preto un ascenso e escapóuselles co Alcoyano. "Ao final é o reflexo do traballo realizado, se está no Barcelona é por algo, a súa traxectoria é moi boa nos bancos, cunha filosofía de xogo moi clara e está nese club por méritos propios", concluíu.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios