lunes. 11.11.2019 |
El tiempo
lunes. 11.11.2019
El tiempo

Monteagudo: "O equipo necesitaba isto"

Monteagudo no Arcángel. DIARIO DE CÓRDOBA
Monteagudo no Arcángel. DIARIO DE CÓRDOBA

O preparador do Lugo asegura que o resultado logrado en Córdoba "non foi fácil" porque era un rival "bo en ataque"

O técnico do Lugo estaba satisfeito tras a goleada en Córdoba (0-4), polo resultado, as sensacións e porque entende que se fixo xustiza ao equipo. "Gañar é ter o que mereces. Aínda que os merecementos están nas áreas, que é onde non estamos finos desde que estou no equipo, pero neste momento e coa presión que nos meteu o Estremadura coa vitoria en Málaga volvemos estar por encima deles", apuntou antes de mirar cara á seguinte xornada.

O Lugo aspira a encadear dous triunfos consecutivos que o alivien na clasificación. "Agora eles van ao campo do Deportivo e nós recibimos o Granada. Temos a posibilidade de gañar seis puntos seguidos. Creo que vai ser unha loita ata o final e hai máis equipos metidos na lea que non se poden despistar. O meu equipo necesitaba isto e hai tempo que o merecía", expuxo Alberto Monteagudo.

"Non foi fácil. O resultado é o que é, pero o Córdoba hai pouco meteulle tres ao Mallorca. Sabemos que en ataque é un bo equipo, pero que ten problemas defensivos. Entramos ben ao partido, saïamos ben de atrás e o gol deunos tranquilidade, aínda que tampouco a tiñamos porque levabamos varios partidos marcando primeiro e déronnos a volta. Respiramos co tres a cero, xa se lles viu que están lonxe da salvación e iso pesa moito ao futbolista".

"Levamos un tempo facendo moi ben as cousas, pero por detalles íansenos os partidos. Os resultados son os que son e os vinte últimos minutos dos partidos facíannos dano. Tamén o fixo a vitoria do Estremadura. O noso primeiro gol sufrírono como un golpe e a xente púxoselles en contra. Non é un equipo agresivo para apertarnos, son máis de contra e xogar abertos", dixo.

Monteagudo: "O equipo necesitaba isto"
Comentarios