O monfortino Iago López García atópase en corentena

O futbolista do Bergantiños recoñeceu que se atopa ben e confirmou que debe permanecer no seu domicilio, como o resto dos compoñentes da selección galega
El combinado gallego, en el que se encuentra Iago López, tras proclamarse campeón. FUTGAL
photo_camera Iago López celebra un gol

Na selección galega que logrou o título en Las Rozas había un futbolista desta provincia, concretamente o defensa Iago López, que é Monforte de Lemos e que curiosamente é compañeiro de equipo de Yelco Alfaya no Bergantiños.

En declaracións a este diario, o futbolista do Bergantiños recoñeceu que se atopa ben e confirmou que debe permanecer en corentena no seu domicilio, como o resto dos compoñentes da selección galega.

"Estou perfecto, estou ben, estou en casa como nos mandaron e non sinto medo nin nada. Pedíronnos estar en corentena, non saír de casa", asegurou.

O futbolista monfortino tamén recordou como se decataron do positivo por coronavirus que dera o seu compañeiro. "Comunicóunolo Yelco por vía whatsapp fai un par de días", á vez que confirmou que estivo en contacto co propio Yelco Alfaya durante a xornada deste xoves. "Escribinlle para preguntarlle que tal estaba e díxome que atopábase perfecto, que non tiña síntomas, pero debe estar illado. Está asintomático", manifestou.

"Foi unha experiencia moi bonita e poder gañar o título é algo que non se consegue todos os días"

O xogador confirmou que ningún integrante do Bergantiños púxose en contacto con el "porque non teño síntomas", pero si que contactaron con Yelco. Ademais, Iago López confirmou que si lles comentaron que no momento que noten algún síntoma llamben ao teléfono 900.400.116, o número habilitado polo Sergas para información sobre o coronavirus.

Por outra banda, Iago López, un habitual coa selección galega, valorou a gran experiencia que supuxo lograr o título. "Foi unha experiencia moi bonita e poder gañar o título é algo que non se consegue todos os días", destaca o futbolista.

Comentarios