Monasterio faise co bronce no campionato de España cadete

O loitador chairego do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba Ramón Monasterio conseguiu este fin de semana un terceiro posto dentro da modalidade de loita grecorromana, no campionato de España cadete que se celebrou na localidade de San Javier (Murcia).

Monasterio, de 14 anos de idade, foi terceiro en 76 quilos nunha modalidade que non é a súa especialidade, tras Enrique de Lorenzo, segundo, e Robert Manukyan, que foi o vencedor final.

O seguinte reto desta nova promesa da loita lucense serán os campionatos escolares, para os que se prepara no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra.

Outro dos membros do club chairego que vén de conseguir un gran resultado é Marcos Miragaya, que se proclamou campión de España Univeristario no mesmo municipio de San Javier.

Comentarios