martes. 11.08.2020 |
El tiempo
martes. 11.08.2020
El tiempo

Mo Soluade dá o "si" e continuará no Leite Río Breogán a próxima tempada

Soluade, nun partido ante o Valladolid. XESÚS PONTE
Soluade, nun partido ante o Valladolid. XESÚS PONTE
A base inglés contestou afirmativamente á oferta de renovación

Mo Soluade seguirá nas filas do Leite Río Breogán a próxima tempada. O base inglés contestou de xeito afirmativo á proposta de renovación que lle presento o equipo lucense a pasada semana.

Na pasada tempada, promedió 7,2 puntos, 3,2 rebotes e 2,6 asistencias en 20 minutos en pista. Custoulle alcanzar o seu nivel, pero deixou mostras de que é un xogador interesante, e ademais, moi do agrado do técnico celeste, Diego Epifanio, con quen alcanzou o seu mellor rendemento nas filas do Burgos na tempada 2016-17.

A plantilla do Leite Río Breogán vai collendo forma e agora mesmo xa conta con pezas suficientes como para ilusionar á afección. Ademais de Soluade, continúan con respecto á pasada tempada o escolta Sergi Quintela, o alero Mateo Sánchez e o capitán Salva Arco.

A eles súmanse Hervé Kabasele, que regresa tras a súa cesión (aínda que non é seguro que xogue en Lugo), e tres dos mellores xogadores da LEB Ouro na pasada campaña: o alero Mindaugas Kacinas, que procede do Palencia, e os pivotes Seydou Aboubacar, que a pasada campaña xogou no Valladolid, e Kevin Larsen, que compartiu equipo con Kacinas.

Mo Soluade dá o "si" e continuará no Leite Río Breogán a próxima...
comentarios