sábado. 28.03.2020 |
El tiempo
sábado. 28.03.2020
El tiempo

O Lugo busca exemplos no pasado de Segunda para soñar coa permanencia

Iriome controla o balón no duelo ante o Almería. XESÚS PONTE
Iriome controla o balón no duelo ante o Almería. XESÚS PONTE
Varios equipos salváronse os últimos anos logo de acabar a xornada número 27 nunha situación semellante á dos branquivermellos

Quedan por diante quince xornadas para o final da tempada regular en Segunda División e o Club Deportivo Lugo ten por diante o reto de salvar a categoría. A situación está complicada e os rivais directos son de entidade, pero se se mira ao ocorrido nas últimas campañas hai un bo número de equipos que xa foron capaces de salvarse logo de acabar a xornada número 27 en postos de descenso; co que o reto é posible.

Ademais, é curioso que hai dous conxuntos, o Almería e o Xirona, que o lograron cada un deles en dúas ocasións nos últimos oito anos, ou o Córdoba, que estaba desafiuzado fai dúas campañas e foi capaz de saír adiante e quedar en Segunda.

O Extremadura protagonizou a pasada campaña unha espectacular remontada para selar a permenancia

O exemplo máis recente é a remontada do Extremadura a tempada pasada. Tiña 23 puntos (tres menos que os lucenses agora), pero chegou aos 53 puntos e salvouse sen esperar á última xornada. Na campaña 2017-18, o protagonista foi un Córdoba que tiña só 17 puntos e chegou ata os 51 noutro final de película.

Na campaña 206-17 lográrono o Rayo e o Almería. Os andaluces eran incluso pechacancelas con 25 puntos na xornada número 27. Unha tempada antes, o Almería xa o logrou. Estaba en posto de descenso con 26 puntos e bastáronlle os 48 para manterse.A campaña 2014-2015 e a 2013-2014 foron diametralmente apostas para a sorte dos equipos en descenso. Na primeira deles, ninguén logrou salvarse. Barcelona B, Recreativo, Rácing e Sabadell acabaron en Segunda B; mentres que na 2013-14 Mirandés, Girona e Alavés eran os tres últimos clasificados e todos chegaron como mínimo aos 50 puntos e lograron a permanencia.

Botando a vista atrás unha tempada máis, na 2012-13 foi o Hércules o protagonista da remontada. Estaba con 25 puntos e os alacantinos terminaron salvándose ao chegar á cifra máxica dos 50 puntos. Finalmente, na campaña 2011-12, o Girona volveu facer un milagre. Era penúltimo con só 20 puntos e acabou a tempada regular salvado ao límite con 49 puntos na última xornada.

En definitiva, o Lugo necesita unha remontada, pero se se tira de hemeroteca é algo que xa ten un bo número de precedentes con bo resultado. Por exemplo, o Girona e o Almería, que agora loitan por chegar a Primeira División, estiveron moi preto do inferno de Segunda B en dúas ocasións e foron capaces de esquivalo.

O Lugo busca exemplos no pasado de Segunda para soñar coa permanencia
Comentarios