O pontés Miguel Alvariño cóase na final da Copa do Mundo de tiro con arco

O arqueiro, medalla de ouro nos Xogos Europeos de Bakú, trasladarase o 24 e 25 de outubro a Cidade de México
Miguel Alvariño, en una imagen de archivo
photo_camera Miguel Alvariño, en una imagen de archivo

O arqueiro das Pontes Miguel Alvariño, medalla de ouro nos Xogos Europeos de Bakú, clasificouse este xoves para a final da Copa do Mundo de tiro con arco que se celebrará en Cidade de México o 24 e 25 de outubro, onde a cántabra Andrea Marcos estará en arco composto mulleres.

Alvariño, undécimo no ranking mundial da tempada e subcampión mundial sub 21 no ano 2013 de arco recurvo, certificou a súa presenza entre os sete mellores debido a que unicamente poden asistir dous arqueiros por país (Corea do Sur ten catro entre eses sete), máis unha praza reservada para o anfitrión no caso de que non teña a ninguén clasificado entre os oito primeiros da clasificación mundial.

Na proba tamén estarán presentes o actual campión do mundo, o coreano Kim Woojin, ouro en 2011 e 2015, e o estadounidiense Brady Ellison, gañador o ano pasado da final na Copa do Mundo en Lausana.

En categoría feminina, participará a campioa olímpica e mundial, a coreana Ki Bo Bae, número un do ranking, que loitará fronte ao seu compatriota Choi Misun e a xaponesa Kawanaka Kaori, bronce no último Campionato do Mundo celebrado en Copenhague (Dinamarca).

Tamén haberá presenza española no arco composto feminino, onde Andrea Marcos, quinta no ranking mundial do ano e sexta clasificada nos Mundiais celebrados na capital danesa, competirá fronte á actual campioa da Copa do Mundo, a colombiana Sara López.

Comentarios