Mehdi Nafti dirixe o seu primeiro adestramento á fronte do CD Lugo

O técnico francotunecino debutará este sábado no campo do Castelló
Nafti, en O Ceao. ADRA PALLÓN
photo_camera Nafti, no Ceao. ADRA PALLÓN

Mehdi Nafti dirixiu na tarde deste mércores o seu primeiro adestramento á fronte do CD Lugo, club do que se fai cargo ata final de tempada en substitución de Juanfran García, que o venres ofrecerá unha rolda de prensa.

_ADR4679O francotunecino debutará este sábado (16.00 horas) no campo do Castelló, onde o equipo branquivermello buscará o seu segunda vitoria da tempada.

Nafti, de 42 anos, adestrou en Segunda B a equipos como o Marbella, na campaña 2016-2017; ao Mérida (2017-2018) —equipo que acabou baixando a Terceira ese curso—; e ao Badaxoz as dúas últimas tempadas, aínda que foi despedido en febreiro deste ano. 

Como xogador, militou no Valladolid, o Rácing de Santander, o Murcia e o Cádiz, entre outros equipos. Coa selección de Tunisia conquistou a Copa de África en 2004.

Comentarios