Maximus pasa a oitavos de final no Baile de Mascotas da ACB

A mascota do Breogán xa gañou o concurso en 2019
Maximus, mascota del Leche Río Breogán. EP
photo_camera Maximus, mascota do Breogán. EP

Un ano máis, Maximus compite por ser o rei das macotas no concurso Baile de Mascotas que organiza a través de Twitter a Liga ACB. Hai tres anos vencía a todos os seus rivais e resultaba a mascota gañadora nunha final que se celebrou durante a disputa da Copa do Rei.

Este ano pretende revalidar o seu título e, de momento, vai por bo camiño. A mascota do Breogán xa se clasificou para oitavos de final, onde compite co tigre Garras (Minicopa Endesa).

O Breogán, así como múltiples usuarios da rede social, están pedindo o voto para o león celeste que, por agora, mantén unha ampla vantaxe sobre o seu rival.

Comentarios