Mauro Pérez, novo director deportivo do CD Lugo

O seu último equipo foi o Albacete
Mauro Pérez. ALBACETE BALOMPIÉ
photo_camera Mauro Pérez. ALBACETE BALOMPIÉ

Mauro Pérez será o novo director deportivo do CD Lugo, un posto que estaba vacante desde a saída en marzo de Julio de Cózar.

O club branquivermello informou este mércores nun comunicado do acordo con Mauro Pérez para a súa incorporación  como máximo responsable da dirección deportiva da entidade.

Nacido e Santa Cruz de Tenerife en 1973, Pérez aterra nas oficinas do Ángel Carro "para sumar experiencia e desenvolvemento na parcela deportiva", ámbito que pasará a dirixir a partir deste momento.

No seu currículo figuran clubs como Raio Vallecano, Xetafe CF ou Albacete Balompé, última etapa previa á súa chegada ao club amurallado. Dimitiu o pasado mes de decembro. Na súa primeira tempada en Albacete, na 2018-2019, confeccionou un gran equipo que entrou nos playoffs de ascenso a Primeira, con xogadores como Febas, Eugeni ou Tejero.

Mauro Pérez asina polas dúas próximas tempadas e a súa presentación oficial co CD Lugo terá lugar este xoves ás 18.30 horas. Será unha comparecencia telemática desde o estadio.