A Mariña acolle ao Breogán

O equipo de Liga Endesa foi recibido pola mañá en Viveiro e adestrou pola tarde en San Cibrao

Los breoganistas entrenándose en A Veiga. AMA
photo_camera Os breoganistas adestrándose na Veiga. AMA

Os Cafés Candelas Breogán de Lugo, equipo que competirá esta campaña na liga Endesa, a máxima categoría do baloncesto español, iniciou este sábado unha mini concentración de pretemporada na Mariña, que se estenderá ata este domingo.

Os xogadores breoganistas están hospedados no Hotel Thalasso Cantábrico As Sirenas de Viveiro e este sábado foron recibidos precisamente na cidade do Landro pola alcaldesa, María Loureiro, e o edil de Deportes da localidade, Emilio Villarmea. Xunto a eles tamén estiveron presentes directos, adestradores e xogadores das categorías inferiores do CB Viveiro, con quen non dubidaron en fotografarse os membros do club da capital.

Pola tarde, os Cafés Candelas realizou a súa primeira sesión de adestramento na Veiga, pavillón ao que volverán hoxe para exercitarse entre as dez da mañá e as doce do mediodía.

ÚLTIMA SESIÓN, O LUNS. Os pupilos de Natxo Lezcano abandonarán este luns a comarca, pero antes realizarán un novo adestramento o luns. Neste caso será no pavillón Municipal de Viveiro entre as 10.00 e as 11.30 da mañá. Do mesmo xeito que as dúas sesións no recinto sancibrense da Veiga, a entrada será libre e gratuíta para aqueles que se acheguen a presenciar a sesión.

Comentarios